Se temos a mala sorte de perder o noso dispositivo Android ou de que nolo rouben, a app Android Device Manager ( Administrador de dispositivos Android ) ofrecenos unha serie de ferramentas que poden axudarnos a atopalo, bloquealo ou borrar os seus datos de forma remota se vemos que nos é imposible recuperar o noso dispositivo.
O Administrador de dispositivos Android permítenos ver no mapa a última localización de cada un dos nosos dispositivos para saber onde están ou estaban, xunto á opción poñerlles un nome personalizado,esta app presenta tres importantes opcións:
Soar: Con esta opción o noso dispositivo soará durante 5 minutos a todo volume, sen importar o volume que tiña posto. Esta opción é moi práctica para atopar o móbil nos casos que non nos acordamos onde o deixamos e tiñámolo en silencio. Bloquear: Esta opción permítenos bloquear de forma remota o noso dispositivo cun contrasinal ou PIN para evitar quen atope o móbil acceda aos nosos datos persoais. Borrar: Esta última opción é para borrar de forma remota toda a información do noso dispositivo, eliminando todas as nosas aplicacións, arquivos e datos de usuario, co que unha vez feito isto quedará de fábrica e xa non poderemos localizalo, dándoo por perdido para sempre.
A estas mesmas opcións tamén se poden acceder á versión web do Administrados de dispositivos, ao cal se pode accede facilmente pulsando sobre a icona da engrenaxe da web de Google Play.
Hai que ter en conta que todas estas opcións só funcionan se o noso dispositivo móbil está conectado a Internet. Se quen atopa ou nos rouba o móbil desactiva os datos ou restablece os datos de fábrica non funcionará ningunha desas opcións.
David Pérez Rodríguez 4ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario