Android Pay é unha plataforma desenvolvida por Google para o seu uso en sistemas de pago desde dispositivos móbiles, ofrecendo aos usuarios a capacidade de facer pagos con dispositivos Android, tablets ou smartwatches. Android Pay utiliza a comunicación NFC para transmitir información desde a tarxeta, facilitando así a transferencia de fondos ao cobrador. Substitúe tarxeta para permitir que o usuario poida cargar estes na carteira de Android Pay. É similar ao pago sen contacto xa utilizado en moitos países, coa adición de verificación en dous pasos. O servizo permite que dispositivos de Android comunicarse cos terminais dos puntos de venda que utilizan unha antena NFC, o sistema de emulación da tarxeta, e a seguridade propia do sistema Android como a identificación da pegada dactilar ou un contrasinal para os dispositivos sen erscaner de pegadas.
Os usuarios poden engadir tarxetas de pago ao servizo, ao tomar unha foto do cartón ou ao introducir a información da tarxeta manualmente. Para pagar en puntos de venda, os usuarios deben soster o seu dispositivo autentificado preto do sistema de punto de venda. O servizo dispón dunha autenticación intelixente, delegando no sistema para detectar cando o dispositivo é considerado seguro (por exemplo se é desbloqueado nos últimos 5 minutos) e cambia se é necesario para desbloquear a información restante.
Android Pay en Google Play
Daniel Moura González
No hay comentarios:
Publicar un comentario