viernes, 10 de noviembre de 2017

10º ANIVERSARIO DE APPLE

IPHONE X

O novo iPhone X é o modelo de teléfono de Apple máis arriscado e completo desde que fai xa dez anos presentarase o primeiro iPhone.  Atopámonos con numerosas novidades, xiros e cambios respecto das bases que Apple mantivera para o iPhone nestes dez anos.
As maiores novidades atopámolas na pantalla e o deseño, pero tamén na súa cámara.
DESEÑO
O deseño do iPhone X básase nunha pantalla de 5,8 pulgadas que con respecto o deseño habitual, dá lugar a un iPhone de menos altura (143,6 mm) e moito máis manexable que o iPhone 8 Plus. Ao presentar un ancho de 70 mm, e un grosor, inferior aos 8 mm, o seu peso é de 174 gramos.
CÁMARA
A cámara frontal dispón dun sensor de 7 MPX e apertura F/2.2 capaz de gravar en 1080 p. Ademais, inclúe unha función chamada Animoji que che permite utilizar algúns emoticonos  para enviar notas de voz vía iMessage. Resulta innovador xa que cada emoticono poñerá a túa voz e executará os mesmos movementos e xestos faciais que cando os gravaches!
O sensor ou cámara traseira do iPhone X é dual de 12 MPX con gran angular a f1.8 e teleobxetivo con apertura f2.4. Dispón dun flash de catro LEDs Flash True Tone, modo retrato que comparte coa cámara frontal, con máis funcións e filtros. Os vídeos terán unha resolución máxima de 4K a 60 fps, ademais poderás obter un efecto de cámara lenta con resolución 1080 p a 240 fps. Conta con estabilizador óptico, polo que non se notarán os tremores da túa man a menos que a axites.
PANTALLA
Dase por primeira vez a pantalla oled no deseño do Iphone, seguindo un exemplo de Samsung, con cores cegadoras, negros auténticos, un brillo espectacular e un contraste de 1.000.000:1.

Ten esquinas redondeadas que rematan o deseño curvo do teléfono, e esas esquinas atópanse dentro dun rectángulo ten 5,85 pulgadas en diagonal.

Ademais posúe o vidro máis resistente xamais usado nun smartphone, tanto na pantalla como na parte posterior. 

OUTRAS CARACTERÍSTICAS

-Emprégase aceiro inoxidable de calidade cirúrxica. 
-Carga inalámbrica. 
-Resistencia á auga e ao po.


Eva Diéguez Vila 

No hay comentarios:

Publicar un comentario