Pero non sempre era perfecto. Ao longo dos anos, a aplicación tivo que facer constantes modificacións para conseguir ser o máis eficaz posible e non cometer erros. Os locais, comercios ou restaurantes podían cambiar de dirección ou unha estrada podía estar cortada por calquera motivo e a aplicación non o rexistraba. Aínda que para beneficio dos usuarios, todo foi mellorando e corrixíndose.
Agora chega unha nova actualización da súa interface para continuar facilitando a vida aos máis desubicados. En concreto, a novidade máis relevante é que engadiu novas iconas para localizar os lugares. Ademais, tamén engadiu máis cores para identificar o tipo de destino que se busca. Así, por exemplo, os establecementos de compra estarán sinalizados cunha cor azul escura mentres que os edificios relacionados coa saúde, como os hospitais, terán unha cor rosada.
Á parte, desde Google tamén afirman que se actualizaron as localizacións e informacións respecto dos locais, estacións de tren, aeroportos, estradas etc. Desta maneira, xa non hai escusa para equivocarse de destino.
Estes cambios estarán dispoñibles nas próximas semanas nos dispositivos que contan con Google Maps, incluídos Google Asistant, Google Earth, Google Search e Android Auto. Á súa vez, tamén poderán apreciarse máis adiantes estes cambios nas compañías que usan a API de Google Maps.
No hay comentarios:
Publicar un comentario