LEIS DE MENDEL:
Foron desarrolladas por un científico xenetista, considerado como o pai da xenética:Gregor Mendel. Este científico realizou experiementos que permitiron dilucidar elementos fundamentais da herdanza xenética.
As leis de Mendel son 3:
1.Lei da uniformidade:
Establece que si se cruzan dúas razas puras para un determinado carácter, os descendentes da primeira xeración serán todos iguais entre sí e iguais a un dos proxenitores.
2.Lei da segregación:
O carácter herdado que se transmite coma unha unidade que non se combina, dilúese ou pérdese ao pasar dunha xeración a outra, só se segrega ou se separa. Os dous xenes que rixen cada carácter non se mezclan nin se fusionan. Senón que se segregan á hora de formarse os gametos, tendo cada gameto un e só un dos alelos diferentes.
3.Leis da recombinación independente de factores:
Durante a formación dos gametos, a segregación dos diferentes rasgos herdados dáse de forma independente uns doutros, polo tanto, o patrón de herdanza dun deles non afectará ao patrón de herdanza doutro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario