O Samsung Galaxy Note 8 chegou hai uns meses ao mercado, con todo, xa están a xurdir informes sobre o seu sucesor, o Galaxy Note 9.
Polo xeral, a marca surcoreana lanza os seus novos phablets en agosto ou outubro, así que a espera polo Note 9 será longa.
Segundo un informe de Corea do Sur, Samsung comezará a traballar proximamente no desenvolvemento do seu novo dispositivo, que ten como nomee clave de crown.
Lembremos que o nome crave do Galaxy Note 8 era Baikal, que fai referencia a un dos lagos máis grandes do mundo, o cal se atopa en Rusia.
Crown, dise, podería facer referencia ás ganas que ten Samsung de expandir moito máis o seu crecemento no sector dos smartphones de gran tamaño.
Non hai que esquecer que antes de que coñezamos o próximo phablet de Samsung, a marca terá que presentar os Galaxy S9 e S9+.
Transcendeu que estes teléfonos terán unha cámara frontal similar á do iPhone X, así como o sensor de pegadas dixitais integrado na pantalla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario