Notaches que algún coñecido, de forma sorprendente, dorme
cos ollos abertos ou case abertos? A dificultade para pechar os ollos
correctamente ou de cubrir completamente o globo ocultar, é unha condición
denominada Lagoftalmos ou lagoftalmia.
Este nome deriva do vocábulo grego lagoos, que quere dicir
“lebre”, e ten esta orixe debida a que existe unha crenza que expón que estes
animais dormen cos ollos abertos en estado de alerta.
Dentro da comunidade médica, adóitase atribuír esta
condición a unha causa subxacente que pode variar dependendo do caso. A
lagoftalmia ocorre debido a infeccións, parálises faciais, traumatismos ou
intervencións cirúrxicas mal feitas. Por outra banda as enfermidades da
tiroides tamén provocar este problema.
Lagoftalmos nocturno é o nome específico
que se utiliza para a imposibilidade de pechar as pálpebras durante o soño. Non
é fácil recoñecer esta condición, xa que ocorre mentres durmimos, e por tanto
outra persoa é a que debe informarnos.
É importante que o globo ocular quede tapado pola pálpebra,
en vista de que así se crea unha película lacrimosa que xera protección contra
o po e outras partículas. Ademais é necesario que os ollos estean húmidos para
que teñan boa saúde.
Cando non ocorre o cerramento total da pálpebra durante a
noite, a persoa corre o risco de sufrir sequedade ocular. Esta pode ser dolora e
prexudicial para os ollos, e doutra banda, se o ollo non pecha ben é vulnerable
a danos e infeccións provocadas por axentes externos.
Lucía González Dapía
No hay comentarios:
Publicar un comentario