HUAWEI P10
En Huawei non afrouxan o ritmo. En 2016 sorprendéronnos con dúas propostas especialmente coidadas: o Huawei P9 deixou claro que se pode ofrecer moito por menos do que imaxinamos, mentres que o Huawei Mate 9 entrou por dereito propio entre os dispositivos máis destacados de todo o mercado.
Neste 2017 a estratexia parece ir dirixida a consolidar os éxitos do ano pasado, e atopámonos coa primeira demostración dese obxectivo: chega o Huawei P10, un smartphone que herda boa parte do conseguido no Mate 9 para presentar unha evolución sólida e sen apenas fisuras do P9 do ano anterior.
Algunhas das características deste novo teléfono son:Na parte traseira, a franxa correspondente á cámara mantense igual, co flash situado na mesma posición e os sensores colocados en horizontal. Pero notamos unha ausencia, e é que o sensor de pegadas xa non está nas costas do dispositivo, mudouse á parte dianteira e a adoptado a forma dun rectángulo redondeado.
O Huawei P10 é, a nivel de deseño, un teléfono elegante, lixeiro e cómodo que evolucionou lixeiramente respecto do seu antecesor, o P9.
O novo Huawei P10 acaba de ser presentado no Mobile World Congress 2017 de Barcelona, pero nós tivemos o privilexio de poder contar con el uns días antes da súa presentación oficial para ofrecervos esta análise en profundidade.
A máis destacable de todas elas é desde logo a que afecta o procesador. O P10 herda o SoC do Mate 9 e conta agora cun potente Kirin 960, o procesador octa-core que xa demostrou as súas virtudes hai uns meses. Unido á GPU Mali G71 estamos ante un digno competidor para fabricantes de semiconductores con moita máis experiencia, algo que deixa claro que Huawei segue avanzando moito e ben neste terreo.
Pablo Coello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario