viernes, 22 de septiembre de 2017

CRISPR




Actualmente, existen unhas 10.000 enfermidades causadas pola mutación dun só xen. Moitas delas afectan a pouquísimas persoas no mundo, polo que resulta moi complexo e costoso investigar a cura de todas. 
Pero uns científicos de diversas nacionalidades, crearon o chamado CRISPR. Este permite facer edicións nos segmentos de ADN, eliminando os xenes defectuosos e cambiándoos por outros.
Con este método, enfermidades como a diabetes, a anemia, cardiopatías conxénitas, a fibrose quística e moitas outras denominadas comunmente como "raras" pódense curar. 
Pero o CRISPR, non está unicamente relacionado co mundo da saúde, xa que en 2014 o investigador chino Gao Caixia, aplicou este método, na agricultura, modificando os xenes a unha cepa de trigo, para que producise  máis proteínas, reducindo o uso de funxicidas para controlar posibles enfermidades.
Semella maxia, pero o que hoxe en día son estudios e experimentos con ratas, mañá poden ser a cura de miles de enfermidades.

Inés García Nóvoa 










No hay comentarios:

Publicar un comentario