O novo chip Xeon é o procesador de intel máis caro ata a
época aínda que podemos engadir que a súa inversión merece a pena.
Este non é un modelo para usuarios medios senón que está
orientado para profesionales, servidores e grandes ordenadores ao ser unha das
mellores pezas (por non dicir a mellor) da gama Intel pero tamén a máis cara
con nada máis e nada menos que un coste de 8.898$.
Xeon E7-8894 v4 conta con catro
núcleos e cada un pode alcanzar os 3.4 Ghz que entre todos comparten
unha capacidade de 60 MB de memoria caché.
Esta diseñado para usuarios tolerantes a fallos que deben
estar sempre encendidos, incluso cando fallan compoñentes xa que este
procesador contén funcións como corrección de erros integrada, e dicir, que se
autodiagnostica os seus propios erros e é capaz de correxilos.
Pero, por que gastarse case 9000$ nun procesador?
Este chip está baseado no funcionamento de antigas
xeneracións do Intel Core e para poder encontrar un procesador tan potente coma
este deberías optar por solucións personalizadas que dispararían (máis) o
presuposto.
Lucía González Dapía
No hay comentarios:
Publicar un comentario