viernes, 22 de septiembre de 2017

A técnica xenética máis importante do século é española

Imaxinas unhas tesoiras moleculares capaces de cortar calquera secuencia de ADN dun xeito preciso e controlado?
O CRISPR siglas traducidas como “Repeticiones Palindrómicas Cortas Agrupadas y Regularmente interespaciadas.” é unha ferramenta molecular empregada para correxir o xenoma de calquera célula.
Esta técnica chamada para cambiar o mundo que ademais aparece en todas as quinielas para o Nobel ten un potencial de mercado inmenso ata o punto de desatar unha guerra de patentas ao seu redor.
O que pouca xente sabe é que esta técnica ten a súa orixe en Alicante onde o investigador Francisco de Mojica comezou a estudar a arquea  (microorganismo unicelular procariota) Haloferax mediterranei e atopou secuencias repetidas no xenoma que deduciu que debían cumplir unha importante función para a célula, o que non puido imaxinar, é que era o comenzo de algo enorme. CRISPR é a técnica xénetica máis eficaz, barata, específica e fácil de usar xamáis creada. As posibilidades son extraordinarias.



Lucía González Dapía

No hay comentarios:

Publicar un comentario