O INVESTIGADOR DESCOÑECIDO
Feng Zhang é un neurocientífico especializado en optoxenética e bioloxía de síntese, que investiga sobre ferramentas de edición do ADN e a súa aplicación ao tratamento futuro de enfermidades psiquiátricas.
Naceu o 22 de outubro de 1982 (idade 34)na República Popular Chinesa. Estudou na Universidade Stanford (2004-2009) e reside actualmente en Cambridge, Massachusetts, Estados Unidos.
No 2009 Zhang acabou o seu doutoramento e o Instituto Broad e o Instituto McGovern para a Investigación do Cerebro, ambos os do MIT, recrutaron ao mozo para que crease o seu propio laboratorio. Foi un mes despois de que arrincase o proxecto cando o investigador escoitou falar das secuencias CRISPR e tivo que buscalas na Wikipedia. En 2011 comezou a optimizar este sistema para a súa aplicación en células humanas.
En 2013, menos dunha década despois do seu primeiro éxito, chegou o seu segundo logro: o sistema de 'curta e pega xenético' CRISPR podía usarse con células eucariotas como as que teñen seres humanos e animais. A súa evolución foi rápida, e en novembro de 2016 un equipo de investigadores chineses anunciaba o primeiro ensaio con seres humanos. Este sistema permitiría eliminar copias de xenes danados antes do nacemento para obter individuos sen enfermidades hereditarias, pero tamén para conseguir 'bebés á carta'. Algúns mesmo ven a súa aplicación para salvar as razas de cans danadas por séculos de endogamia.
Zhang non é un investigador tan mediático como Jennifer Doudna ,da Universidade de California e Emmanuelle Charpentier, os dous nomes máis coñecidos ao falar de CRISPR e gañadoras do premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 2015. Tampouco recibiu tantos premios, aínda que foi seleccionado en 2013 pola revista 'MIT Technology Review' como un dos 35 mozos menores de 35 anos máis innovadores do planeta.
En conclusión,non todos os científicos que fan grandes aportacións á ciencia teñen que ser recoñecidos ou moi galardonados.
En conclusión,non todos os científicos que fan grandes aportacións á ciencia teñen que ser recoñecidos ou moi galardonados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario