QUE E O CRISPR?
É unha ferramenta molecular utilizada para editar o xenoma de calquera célula. A súa capacidade de cortar o ADN permite modificar a súa secuencia , eliminando ou insertando novo ADN.
Esta tecnoloxía comezou en 1987 cando se publicou un artículo no cal se describían como algunhas bacterias se defendían das infeccións víricas.Esta técnica pode provocar centos de mutacións no xenoma. Os primeiros ensaios clínicos en humanos xa se están levando a cabo en China e está previsto que comezan en Estados Unidos o ano que ven. A medida que se traballa con esta ferramenta, os científicos deben considerar os resgos ante posibles mutacións causada por esta tecnoloxía.
Segundo o científico Lluis Montoliu, habitualmente as modificacións xenéticas en ratos foron de tipo xenérico e con metodoloxías tradicionais, pero en 1993 o investigador alicantino Francisco Mojica descubriu as novas técnicas. O proceso de editar un xenoma con CRISPR/Cas9 inclúe dúas etapas:na primeira etapa o ARN guía asóciase ca encima cas9.Este ARN é específico dunha secuencia concreta do ADN, de tal maneira que polas regras de complementariedade de nucleótidos hibridarase nesa secuencia.Na segunda etapa actívanse dous mecanismos naturais de reparación do ADN cortado.
Laura Couso Barja
No hay comentarios:
Publicar un comentario