lunes, 19 de febrero de 2018

MEDICAMENTOS TRANSXÉNICOS

Hoxe en día, debido a cantidade de enfermidades que existen, os fármacos convertíronse nunha necesidade prioritaria. A biotecnoloxía pode contribuír de múltiples formas, pois logra obter gran cantidade de productos, que por maneira tradicional non serían alcanzables, e ademáis permite crealos de forma segura. 
Un exemplo, é o Paclitaxel, un medicamento antitumoral para tratar o cancro de mama, de ovario e de pulmón. Este, inicialmente obtíñase a partir da cáscara dunha árbore que posuía un lento crecemento; o que supuña un prezo moi elevado, tanto, que o coste dunha única dose podía chegar aos 10.000 dólares de media.
Agora un grupo de investigadores lograron mediante modificación xenética de E. Coli, producir grandes cantidades de este fármaco, permitindo que sexa máis accesible para os pacientes. 
                                 Resultado de imagen de Paclitaxel 

 Inés García Nóvoa 


martes, 6 de febrero de 2018

BIOTECNOLOXÍA NA SAÚDE HUMANA, Olga

QUÉ É?

É a técnica empregada nos medios famacéuticos, científicos, medioambientales... Con procesos onde se empregan organismos vivos para chegar a fabricar e sintetizar novas substancias para o consumo, creando unha gran variedade de productos.

APLICACIÓNS NA SAÚDE HUMANA
Unha das especializacións máis esparanzadoras da Biotecnoloxía é a terapia xénica, que permite tratar a persoas con enfermidades xénicas. É dicir, trata a persoas que posúen enfermidades debido a un xen defectuoso. Esta terapia consiste en introducir o xen correcto no individuo e que as súas células comencen a producir a sustancia desexada. Úsase para o tratamento de pacentes con fibrosis quística (coñecida dende 1989).
Un dos procesos actuais máis coñecidos desta terapia é a localización das células dun tumor e que mediante uns procesos se poidan transformar en células extrañas, para así poder eliminalas.
Estanse provando para combatir enfermidades como o cancro, hemofilia ou ata o VIH.
Estes avances, por exemplo, permiten localizar e eliminar células canceríxenas lo cancro de mama para que non sexa necesario unha intervención quirúrxica.



viernes, 2 de febrero de 2018

Interfaces de cerebro computarizadas

As BCI ( Brain Computer Interfaces), máis coñecidas como interface cerebro- computador tiveron enormes avances no correr dos últimos anos e son sinxelamente incribles. Trátase dun tipo de tecnoloxía capaz de recibir ondas cerebrais, procesalas, interpretalas e logo interactuar co exterior, todo mediante complexos sistemas computarizados.
Esta técnica baséase principalmente na análise dos sinais electroencefalográficas ( EEG) captadas durante algún tipo de actividade mental coa finalidade de controlar un comportameto externo (como un movemento). A actividade EEG inclúe unha variedade de diferentes ritmos identificados pola súa frecuencia, localización e outros aspectos relacionados coa función cerebral que fan que o sinal EEG sexa extremadamente complexa.
Se se conseguise aprender rapidamente a controlar estas características, o sinal EEG podería presentar unha nova función cerebral; podería converterse nun novo sinal de saída que permitise transmitir os desexos dunha persoa a un compoñente externo.

Na actualidade, a maioría dos grupos de investigación centran os seus esforzos no procesado do sinal e na clasificación de patróns EEG. Con todo, todos coinciden na importancia de investigar sobre o desenvolvemento de técnicas de adestramento baseadas en técnicas que permitan a un suxeito xerar de forma fiable un mesmo patrón.

Actualmente, o grupo de investigación DIANA da Universidade de Málaga traballa na procura de técnicas que permitan obter un adecuado e eficaz protocolo de adestramento que diminúa o tempo necesario para que un suxeito obteña certo control sobre os seus sinais EEG.
Algúns modernos BCI veñen desenvolvendo coa finalidade de restaurar a mobilidade de pacientes que sufriron lesións graves, por exemplo lesións na medula espinal, apoplejía, ou como resultado de enfermidades cerebrais. Máis detalles no vídeo:


Lucía González Dapía